Hoxe tivemos un novo programa sobre música no que nos falaron sobre Dios Ke te Crew, un grupo de música galego.
Hoxe tivemos un novo programa sobre música no que nos falaron sobre Dios Ke te Crew, un grupo de música galego.
Comezamos novembro con dúas noticias relacionadas coa saúde; en primeiro lugar, a "resucitación" de proteínas con efecto antibiótico, de especies xa extintas, que poderían ter aplicación na loita contra bacterias resistentes a antibióticos. A segunda noticia céntrase a enfermidade hemorráxica epizoótica que está coomezando a afectar ao gando en Galicia. Na sección Artemis Diego fálanos tamén dunha "resucitación".... a do concord. Para rematar, a sección de Mulleres de Ciencia estivo dedicada hoxe a Donna Strickland, premio Nobel de física.
Hoxe fixemos un coloquio sobre o samaín do instituto. ESTREAMOS nova sección sobre algúns datos curiosos que vos poderían interesar. Así que xa sabedes, cada semana teremos novas curiosidades!
No programa deste venres, temos infromación sobre a loita contra o cancro de mama; o paso, moi preto da Terra, dun grupo de asteroides o mes pasado; a actualidade relacionada coa investigación espacial e, finalmente, como muller destacada da semana, puidemos coñecer a Alice Ball e o seu descubrimento para tratar a lepra, a comezos do século XX.
Hoxe estreamos uha sección de curiosidades científicas dentro de Auga Random!!. En realidade, é a única sección que poderedes escoitar neste 26 de outubro, porque o equipo habitual de Auga Random está secundando a folga estudantil convocada para denunciar a situación que se está a vivir en Palestina e esixir o cese dos ataques á poboación. Deste xeito, aproveitamos para facer a nosa sección un pouco máis longa e intervir todo o equipo do programa, que está formado por Claudia, Gael, Marta e Bibiana de 1º de ESO e Noemí, de2ºESO e condutra da sección. Anímate a descubrir por que a neve é branca, o ceo é azul, que planetas do sistema solar xiran ao revés e cal é o motivo de que os humanos non escoitemos os chifres para cans ou a complexidade do cerebro do polbo.
Hoxe falamos sobre o Samaín, as folgas e as novas do instituto.
Coñecedes a Pau? É o nome coloquial que os seus descubridores deron ao exemplar de Pierolapithecus catalaunicus descuberto no 2002 en Catalunya, do que agora se reconstruíu o cranio. Esta é a nosa primeira noticia de hoxe. A seguinte lévanos da terra ao ceo para falar da aurora boreal que foi visible na península o 25 de abril, aínda que a chuvia nos impediu desfrutar dela en Galicia. A continuación, a sección Artemis lévanos aínda máis lonxe, para poñernos ao día a investigación espacial. E, para rematar non abandonamos o espazo, porque a muller científica de hoxe foi unha astrónoma, Caroline Herschel, ademais de matemática e cantante de ópera. Un programa para non perder!
No programa de hoxe tivemos un especial relacionado coa misión Artemis II, actualmente en curso.