Programa 28. Entrevista a Rosalía de Castro (24/2/2022)

 

No IES Pedra da Auga non nos esquecemos de que o día 23 foi o Día de Rosalía. Nós decidimos dedicarlle a semana completa e preparar un programa no que lle facemos unha entrevista para coñecela un pouquiño máis. Escoitade ata o final da entrevista porque... hai sorpresa!

Parabéns ao alumnado de 3º ESO e á súa profe Charo polo traballazo!


Escóitanos aquí: 


Programa 27. ¨Pasaba por aquí¨ e ¨A noticia científica da semana¨... no IES Pedras Rubias (18/2/2022)

 

A nosa Auga Radio está dándose a coñecer dunha forma imparable! Para celebrar o día mundial da radio fomos convidados a acudir aos estudios de Onda Raia (do IES Pedras Rubias, en Salceda), onde tiveron unha mañá enteira de radio: 

Puidemos explicar os programas que estamos realizando dende os nosos estudios da Auga Radio e emitimos un programa de ¨A noticia científica da semana¨ completo. 



Queremos darlle as grazas pola invitación e por tratarnos tan ben a todo o equipo de Onda Raia!

Escóitanos aquí:

Programa 26. Los lectores de la semana (16/2/2022)

 

Esta semana Noelia, Javier e Kingsley veñen cargadiños de recomendacións literarias. Se estás buscando unha nova lectura este é o teu programa. Escóitanos!

 

 

Escóitanos aquí: 


 

https://go.ivoox.com/rf/82497044 

Programa 25. Para ti de xa sabes quen (15/2/2022)

 

E volvemos co noso programa máis musical. Queres saber que dedicatorias se fixeron este martes, 15 de febreiro? Escóitanos!


 

 

https://go.ivoox.com/rf/82496829 

Programas 23 e 24. Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11/2/2022)

 

Hoxe na Auga Radio celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia por todo o alto. 

En primeiro lugar, a nosa locutora Judit Rodríguez (2º Bacharelato) dialogou con tres científicas. Estas foron Iria Seoane (matemática e deseñadora de robots para cirurxías por laparoscopia), Marta Sánchez (oceanógrafa e investigadora en Australia) e Romina Álvarez (bióloga e secretaria da Asociación Ibérica de Limnoloxía). Dende aquí queremos agradecerlles que se prestasen a dialogar con nós na Auga Radio. Aprendemos e reflexionamos moitísimo con elas!


Grazas a Marta Álvarez (profesora de Bioloxía) e a Susana Iglesias (profesora de Matemáticas) por organizar o evento. 

Podedes escoitar o programa aquí: 



 

 

Pero non acabou aquí a cousa. Que mellor que celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia cun novo programa de... ¨A noticia científica da semana¨!


 

Escoitádeo aquí: 


Programa 22. Para ti de xa sabes quen (8/2/2022)

 Esta semana foron moitas as cancións que nos pediron no programa ¨Para ti de xa sabes quen¨. Ti tamén podes dedicar a túa canción escribindo ao número 608122336. 

 
Escóitanos aquí: 
 
 

 

https://go.ivoox.com/rf/81941106 

Programa 21. A noticia científica da semana (4/2/2022)

 

Regresamos coa ¨Noticia científica da semana¨, que desta volta vén cargada de información: falamos de impactos de meteoritos, da contaminación do aire e dunha molécula bastante interesante.  



Escóitanos aquí: 


https://go.ivoox.com/rf/81900849

Programa 20. Para ti de xa sabes quen (1/2/2022)

 

Continuamos co noso programa ¨Para ti de xa sabes quen¨, un espazo de dedicatorias musicais. Non te esquezas de pedir a túa canción ao número 608122336. 



 Escóitanos aquí:

 

https://go.ivoox.com/rf/81736513 

Programa 256 Venres de Ciencia-22 (12/04/24)

Nas noticias de hoxe: relación entre estrés e Alzheimer e as novas imaxes tmadas do buraco negro que ocupa o centro da Vía Láctea. A continu...