Musiké: A arte das musas
Desde a Augateca queremos convidarvos a participar na iniciativa Musiké que da comezo este curso. Todos os xoves no recreo terán lugar recitais poéticos coas vosas propias creacións ou poemas. Só tedes que mandar as vosas propostas ao enderezo electrónico da Augateca cunha semana de antelación, e teredes sempre dispoñible o micrófono aberto para que os demáis desfrutemos da vosa arte.
Dentro do programa Musiké, e atendendo ao concepto orixinal do termo, os últimos xoves de cada mes teremos recitais nos que combinaremos poesía, música, danza e outras artes performativas. En colaboración cos departamentos de Música e de Plástica, crearemos composicións orixinais que acompañarán ás vosas voces.
Animádevos!
Comezo do curso na Augateca
Comezamos este curso 2022-2023 coa a Augateca a toda máquina! Queremos darvos a benvida recalcando que a Augateca é a espiña dorsal do noso instituto. Como en todas as bibliotecas, aquí atoparedes os recursos necesarios para a vosa aprendizaxe, pero ademáis, somos un espazo de creatividade, lecer e compañeirismo. Agardamos que saquedes proveito de todas as actividades que realizamos e que tod@s colaboredes para que a Augateca continúe sendo o sitio no que estar!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Hoxe na Auga Radio celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia por todo o alto. En primeiro lugar, a nosa locutora Judit...
-
Hoxe tivemos connosco a Roberto Mera! Queremos agradecerlle dende a Auga Radio que nos ensinase tanto sobre a figura de Alejandro Viana ( ...
-
Hoxe si que foi un día especial para a Auga Radio. Esther Estévez e Carlos Amado, do programa Dígocho eu, concedéronnos unha entrevista! C...