Samáin na Augateca

Esta semana celebramos o Samaín na Augateca. En colaboración có Equipo de Dinamización de Lingua Galega e có Departamento de Plástica, organizamos un concurso de Epitafios que saiu de morte! Podedes ver nas fotos os epitafios e as fotografías coas alumnas gañadoras.

Programa 66. Para Ti De Xa Sabes Quen-4 (25-10-22)

 Hoxe, moitas dedicatorias individuais, pero tamén unha dirixida a toda a clase de 2ºA

 

 

Programa 65. A Noticia Científica da Semana-3 (21-10-22)

 Hoxe temos unha nova noticia científica relacionada co cambio climático


Programa 64. Auganovas-1 (19/10/22)

 

 Tamén de volta  Auganovas, con algúns cambios respecto á tempada anterior.

Auganovas é  un programa realizado por alumnado de 3 da ESO onde nos falan das novas do instituto, de música, anime, humor, etc.

Programa 63. Para Ti De Xa Sabes Quen-3 (18-10-22)

 Outra semana de novas dedicatorias vosas no recreo como todas as semanas.


Programa 62. A Noticia Científica da Semana-2 (14-10-22)

 Esta semana temos dúas noticias que nos advirten sobre algúns dos efectos do cambio climático. Ademais, temos a noticia pendente da semana pasada, relacionada coa necesidade de persoal no ámbito sanitario.


Programa 61. Para Ti De Xa Sabes Quen-2 (11-10-22)

 Volvemos a compartir as vosas cancions que nos enviades polo WhatsApp

 

Programa 60. A Noticia Científica da Semana-1 (7-10-22)

 E volve tamén o espazo de actualidade científica "A Noticia Científica da Semana", programa co que o alumnado de primeiro de ESO nos manterá ao tanto das últimas novidades relacionadas co ámbito da Bioloxía e a Xeoloxía.

Neste primeiro programa a noticia do momento: o éxito da misión DART da NASA


 

 

Programa 59. Para Ti De Xa Sabes Quen-1 (4-10-22)

Augaradio está de volta!

Comezamos a nova tempada de emisión (2022-2023) e facémolo cunha nova entrega do programa de dedicatorias musicais "Para Ti De Xa Sabes Quen".

Lembra que podes enviar as túas dedicatorias cada semana, pero non esquezas poñer quen dedica a canción e a quen vai destinada.

 


1º Musiké na Augateca

Este xoves 20 de outubro tivo lugar na Augateca o primeiro recital Musiké. As alumnas Lucía Marino (2º Bacharelato) e Jimena Zalazar (2º ESO) foron as protagonistas. Lucía recitou un poema da escritora María Xosé Queizán e Jimena, acompañada dunha composición orixinal para piano de Paula Carreras -profesora de Música-, deleitounos cunha peza de ballet. Foi todo un éxito!

Cine de humor na Augateca: Un funeral de muerte

Este luns tivo lugar a primeira proxección do noso ciclo de cine de humor. Neste caso vimos "Un funeral de muerte" dirixida por Frank Oz. O noso alumnado acolleu esta iniciativa con entusiasmo e desfrutaron moito da peli.

Ciclo de cine de humor na Augateca

Comezamos este trimestre có noso primeiro ciclo de cinema. Neste caso estará adicado ao xénero da comedia! As proxeccións faránse no salón de actos do instituto un luns de cada mes e estades tod@s convidadas a vir! Terán lugar ás 14:45 dos luns e podedes traer bocata para xantar mentras vemos a peli. Esta actividade organízaa o Departamento de Xeografía e Historia en colaboración coa Augateca!

Programa 259 Venres de Ciencia-23 (19/04/24)

Hoxe, na sección de noticias, os revsibles efectos da subida do nivel do mar, consecuencia do cambio climátco, nas costas glegas. Na sección...