PROGRAMACIÓN AUGARADIO SEMANA 30 XANEIRO-03 FEBREIRO

Programa 108. A Noticia Científica da Semana-12 (27/01/23)

No programa de hoxe non tivemos a sección de Mulleres na Ciencia ,pero continuamos coa actualidade sobre a misión Artemis e dúas novas recentes relacionadas coa cienci.

 

 

Programa 107. Augarandom-8 (26/01/23)

Hoxe estamos un día máis coas nosas novas. Está semana houbo bastantes victorias de parte dos nosos equipos locais, ainda que tamén algunha derrota. Tamén continuamos co proxecto de meteogalicia, dando as medias semanais e a predición da vindeira semana. A parte de todo iso, explicámosvos o Serán urbano de Ponteareas e as xornadas de portas abertas do instituto. 

 

 

Programa 106. Espazo Podcast: O Chocolate (25/01/23)

Podcast eleaborado polo alumnado da materia Proxecto Competencial de 3º de ESO centrado no Chocolate; a súa historia, aplicacións, curiosidades e ata unha entrevista coas bisnetas do que considera o creador da primeira fábrica de chocolate! 


Programa 105. Auganovas-11 (25/12/22)

Neste programa facémoslle unha entrevista a Domingo, profesor de Educación Física, sobre a súa experiencia nun programa de estadías no extranxeiro e, como sempre, contamos coa nosa sección de recomendacións de anime, cun apartado especial adicado a Holly e Ben. 

 

 

Programa 104. Para Ti De Xa Sabes Quen-12 (24/01/23)

 Atención ás dedicatorias de hoxe; música do máis variado!;) 

 

 

Programa 103. A Noticia Científica da Semana-11 (13/01/23)

Como non podía ser doutro xeito, a noticia científica de hoxe estará relacionada co tempo atmosférico. Ademais, novidades sobre a misión Artemis (e o intrépido can Snoopy) e no apartado de Mulleres na Ciencia, dúas figuras de gran relevancia: Rosalind Franklin e Rachel Carson. 

Programa 102. Augarandom-7 (19/01/23)

Hoxe volvemos con novas da nosa revista "A Predada", novas do deporte, información meteorolóxica, entrevistas e demais. 


Programa 101. Espazo Podcast: Música pola historia-2 (18/01/23)

Segunda entrega do podcast "Música pola historia", realizado polo alumnado da materia de música de 2º de bacharelato, dedicado nesta ocasión á música medieval. 


Programa 100. Para Ti De Xa Sabes Quen-11 (17/01/23)

Hoxe temos o primeiro programa de dedicatorias do ano. Neste programa tivemos cancións moi distintas; desde unha infantil ata unha das máis recentes. 


PROGRAMACIÓN AUGARADIO SEMANA 16-20 XANEIRO

Programa 99. A Noticia Científica da Semana-10 (13/01/23)

Hoxe volvemos coa noticia científica. Para comezar este trimestre, vannos falar sobre avances en fármacos relacionados co cancro de mama e o uso de metanol como biocombustible para barcos. Ademais, seguimos coa sección Artemis e a de Mulleres na Ciencia. 

 

 

Programa 98. Augarandom-6 (12/01/23)

 Volvemos hoxe coa primeira sesión de Augarandom do ano, con máis deportes, novas e música. Comezamos hoxe a falar dun novo proxecto do departamento de educación física "Mila Diaria Camiño de Santiago"

 

 

Programa 259 Venres de Ciencia-23 (19/04/24)

Hoxe, na sección de noticias, os revsibles efectos da subida do nivel do mar, consecuencia do cambio climátco, nas costas glegas. Na sección...