Programa 7. Entrevista aos nosos regueifeiros (29/11/2021)

 

    Antía Estévez preparou unha entrevista xunto a Yasmín da Silva para coñecer aos nosos regueifeiros do IES Pedra da Auga (Brais Soliño e Martín Castro), que quedaron cuartos (a nivel centros) no Certame escolar provincial de regueifa de Valadares. Ademais, Brais quedou entre os catro mellores (entre case 100 participantes). Moitos parabéns aos dous!

 

 

 

No seguinte enlace podedes escoitar o podcast do programa: https://go.ivoox.com/rf/79128968

Programa 6. Analizando refráns. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (25/11/2021)

 

    Dende o IES Pedra da Auga trabállase para evitar situacións de violencia de xénero. 

Na Auga Radio escoitamos o traballo de alumnado de 4º ESO, que analizou refráns machistas coa súa profesora Mercedes López Sánchez e reflexionou sobre como o machismo contra as mulleres se perpetúa historicamente e tamén nos refráns populares.


 

 

Enlace de IVOOX: https://go.ivoox.com/rf/78778065

Programa 5. A noticia científica da semana (19/11/2021)





O alumnado de 1º ESO A e 1º ESO B, acompañados da súa profesora Marta Álvarez, tráenos dúas noticias sobre a Lúa, pero ben diferentes!

 

Escoita o programa no seguinte enlace: https://go.ivoox.com/rf/78520205

A por todas en Valadares! (18/11/2021)


 No IES Pedra da Auga estamos de celebración! Un grupo de alumnos e alumnas de 4º ESO foron seleccionados para participar no Certame Provincial de Regueifas!


Que teñan moitísima sorte en Valadares!

Hoxe dende a Auga Radio enviámoslles moito ánimo: https://go.ivoox.com/rf/78468169

Programa 4. Entrevista a Eduardo Represas (17/11/2021)

 



    Hoxe tivemos a sorte de contar na Auga Radio con Eduardo Represas (fabricante de gaitas en Ponteareas). Judit Rodríguez González entrevistouno e contounos cousas moi interesantes como podedes ver no seguinte vídeo:

 

  

Tamén podes escoitar o podcast do programa no seguinte enlace: 

https://go.ivoox.com/rf/78434389


Dende aquí queremos darlle as grazas a Eduardo Represas por achegarse ata a Auga Radio e por todo o que nos ensinou!

Programa 3. Vivir en Galicia (16/11/2021)

 

    Hoxe a alumna Eva Rodríguez, de 2º Bacharelato, explicounos por que cre que Galicia é unha boa opción para vivir. 

No seguinte vídeo podedes ver o programa completo: 

 


Sabías que temos un concurso de haikus contra a violencia de xénero? Podes atopar máis información ao final do vídeo. 

Escoita o podcast no seguinte enlace: 

https://go.ivoox.com/rf/78344899

E lémbrate de seguirnos no IVOOX da Auga Radio!

Programa 2. A noticia científica da semana: Misións a Venus e exoplanetas.

 

    Hoxe inauguramos un novo programa na Auga Radio: ¨A noticia científica da semana¨. É un programa que prepará todas as semanas o alumnado da materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º ESO, guiados pola súa profesora Marta Álvarez.

Nesta primeira entrega poderedes coñecer as misións a Venus e os exoplanetas. Non o perdades!

 

Podes ver o programa premendo no vídeo de arriba escoitar o podcast no seguinte enlace:

https://go.ivoox.com/rf/78182416

E non esquezas seguirnos no IVOOX de Auga Radio!

Primeiro programa da Auga Radio este curso!


Este mes, no noso IES celebramos o Samagosto. Na Auga Radio, por suposto, fixémonos eco desta celebración e creamos un programa do máis terrorífico. 

Podedes escoitalo no seguinte enlace e descubriredes que son as Lavandeiras, o Urco e ata a Santa Compaña. 

https://go.ivoox.com/rf/77974955

Seguídenos tamén na plataforma IVOOX (chamámonos Auga Radio, como non).




Programa 259 Venres de Ciencia-23 (19/04/24)

Hoxe, na sección de noticias, os revsibles efectos da subida do nivel do mar, consecuencia do cambio climátco, nas costas glegas. Na sección...