E chegamos ao noso programa 50! E que mellor que celebralo co noso programa de dedicatorias. Escoita todas as novidades musicais desta semana!
Programa 50. Para ti de xa sabes quen (31/5/2022)
Programa 48. As mulleres na ciencia (25/05/2022)
O alumnado de 3º ESO investigou para a materia de Lingua Castelá sobre unha serie de mulleres científicas que tes que coñecer. Grazas á profesora Ascensión e a todas as rapazas e rapaces que colaboraron!
Programa 46. Letras Galegas para Florencio Delgado Gurriarán (18/5/2022)
Este ano as Letras Galegas son para Florencio Delgado Gurriarán. O alumnado de 1º ESO creou un programa no que se lle fixo unha entrevista ao noso autor ao longo de diferentes etapas da súa vida.
Por outro lado, o alumnado de 3º ESO fixo un rap para homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán. Non o podes perder!
Programa 45. A noticia científica da semana (13/5/2022)
Sabías que se descubriron fósiles de xigantescos réptiles mariños nos Alpes suízos? Queres coñecer algo máis sobre a fertilidade das plantas? Este é o teu programa!
Programa 44. Para ti de xa sabes quen (10/5/2022)
O noso programa de dedicatorias musicais está cada día máis animado. Coñece as cancións máis demandadas polo noso público do IES Pedra da Auga e non te esquezas de pedirnos as túas cancións ao número 608122336.
Programa 43. A noticia científica da semana (6/5/2022)
Volvemos unha semana máis cun dos nosos programas estrela: ¨A noticia científica da semana¨.
Non o podes perder!
Programa 42. Para ti de xa sabes quen (3/5/2022)
O amor está no aire e iso nótase nas nosas dedicatorias. Hoxe vimos cargadas de cancións románticas.
Dedícalle as túas cancións favoritas a ti xa sabes quen (envía un enlace co vídeo da canción ao número 608122336).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Hoxe na Auga Radio celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia por todo o alto. En primeiro lugar, a nosa locutora Judit...
-
Hoxe tivemos connosco a Roberto Mera! Queremos agradecerlle dende a Auga Radio que nos ensinase tanto sobre a figura de Alejandro Viana ( ...
-
Hoxe si que foi un día especial para a Auga Radio. Esther Estévez e Carlos Amado, do programa Dígocho eu, concedéronnos unha entrevista! C...