Programa 34. Visítanos Pilar Ortega! (29/3/2022)

 

Non paramos de ter días moi especiais na Auga Radio. Hoxe, o equipo que forma o Club de Lectura do IES Pedra da Auga realizoulle unha entrevista á escritora Pilar Ortega. Non mentimos cando dicimos que a todas nos encantou a obra O segredo de Al´eume así que, se aínda non a lestes, correde á biblioteca!

Dende aquí queremos darlle as grazas a Pilar polo ben que o pasamos con ela e polo amable que foi con nós. 



Escoita a entrevista completa aquí:

Programa 33. A noticia científica da semana (25/3/2022)

 

Na Auga Radio gústanos rematar a semana descubrindo noticias científicas. Queres coñecer informacións sobre o trevo branco? Ou sobre como os polbos usan o lixo como refuxio? Ou, talvez, saber que existen descubrimentos que poden axudar os científicos e científicas a coñecer como se formaron e medraron os planetas? Entón tes que escoitarnos!

 


  
 
Escóitanos aquí: 
 

Programa 32. Dígocho eu na Auga Radio! (22/3/2022)

 

Hoxe si que foi un día especial para a Auga Radio. Esther Estévez e Carlos Amado, do programa Dígocho eu, concedéronnos unha entrevista! Contaron moitas cousas ben interesantes así que non podedes perder o programa. Despois gravaron no taller de automoción e xa estamos desexando ver o resultado. 


  
 

 Escóitanos aquí: 

Programa 31. A noticia científica da semana (18/3/2022)

 

Non vos podedes perder o novo programa da noticia científica da semana!


 Desta vez falamos do misterio da luz zodiacal, dunha estrutura con forma de flor atopada en Marte e da estrela máis grande da nosa galaxia. 

Escóitanos aquí:

Programa 30. Pílulas feministas (11/3/2022)

 

Dende o IES Pedra da Auga traballamos para que todo o mundo acade os mesmos dereitos. Por suposto, non podiamos deixar pasar por alto unha data tan necesaria como o 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, e, por iso, o alumnado de 1º ESO traballou ao longo de toda a semana para recompilar unha serie de pílulas feministas que nos lembran a moitas mulleres que marcaron un antes e un despois. Escoita o noso programa!



Escóitanos aquí:

Programa 29. A noticia científica da semana (4/3/2022)

 E volvemos co programa ¨A noticia científica da semana¨. Se queres descubrir en que afecta o cambio climático ao nivel do mar, que obxectos espaciais se atoparon e de que maneira utilizamos a robótica para eliminar contaminantes tes que escoitarnos!

Escoita o novo programa aquí:

Programa 256 Venres de Ciencia-22 (12/04/24)

Nas noticias de hoxe: relación entre estrés e Alzheimer e as novas imaxes tmadas do buraco negro que ocupa o centro da Vía Láctea. A continu...