Programa 122. A Noticia Científica da Semana-16 (24/02/23)
O terremoto de Siria e Turquía volve ás noticias. No espazo Artemis novidades da propia misión, da estación espacial internacional (EEI) e sobre ocomportamento do sol. E para rematar, na sección de mulleres científicas, viaxamos dende a Alexandría de comezos da nosa era, para coñecer a Hipatia, ata a actualidade, con Jane Goodall.
Programa 121. Especial Día de Rosalía (23/02/23)
Hoxe tivemos un programa especial por mor do día de Rosalía. Puidemos desfrutar da presenza de alumna/os e a profesores recitando poemas.
DÍA MUNDIAL DA RADIO
O día 13 de febreiro Auga Radio participou da emisión en continuo organizada por Ponte nas Ondas para celebrar o Día Mundial da Radio.
Aquí tendes o enlace onde poderedes escoitar o noso programa e os dos demais centros participantes
Programa 120. A Noticia Científica da Semana-15 (17/02/23)
Despois temos a sección de Mulleres na Ciencia con Ruy e Noemí que nos falarán sobre Christiane Nüsslein-Volhard e Inge Lehmann.
E por último Diego, que na sección Artemis nos porá ao tanto dunha fuga na Estación Espacial Internacional e as novidades relacionadas co James Webb. Tamén teremos un comentario sobre o tema de actualidade: os globos que sobrevoan os USA.
Programa 119. Augarandom-10 (16/02/23)
Hoxe estamos un día máis no Augarandom, no día previo ao entroido do instituto con máis noticias do centro.
Programa 118. Auganovas-13 (15/02/23)
Hoxe as nosas compañeiras de Auga Novas estiveron falando do entroido no instituto e os disfraces tan orixinais que elixiron.
Programa 117. Especial Día da Muller e a Nena na Ciencia (14/02/23)
Alteramos a nosa programación habitual para ofrecervos esta entrevista coa investigadora Sara Varela González, que visitou o noso centro co gaio do día da muller e a nena na ciencia, celebrado o pasado 11 de febreiro.
Programa 116. A Noticia Científica da Semana-14 (10/02/23)
Comezamos hoxe coa controvertida noticia sobre o posible cambio de sentido de xiro do núcleo da Terra. Viaxamos despois ata Marte e Saturno e rematamos descubrindo a figura da palentóloga Mary Anning, unha das Mulleres de Ciencia invisibilizadas na historia.
Programa 115. Espazo Podcast: Ponte no meu lugar (08/02/23)
Hoxe puidemos escoitar completo este interesante podcast sobre o acoso que comezaramos a emitir o pasado mércores.
Programa 114. Para Ti De Xa Sabes Quen-14 (07/02/23)
Hoxe un día máis do para ti de xa sabes quen, temos unhas dedicatorias especiais.
Programa 113. A Noticia Científica da Semana-13 (03/02/23)
No apartado das noticias científicas, viaxamos dende os confíns do Universo, ás serras da Caniza. A continuación un par de apuntamentos relacionados, aínda que non o pareza, coa misión Artemis (sección que estrea música de cabeceira) e, para rematar, a nosa selección de mulleres de ciencia con Christiane Nüsslein-Volhard (bióloga) e Cecilia Payne (astrónoma).
Programa 112. Augarandom-9 (02/02/23)
Deportes, información meteorolóxica, saídas didácticas e ata o anuncio dun reto no que está implicada toda a radio. Todo isto nun programa que non podes deixar de escoitar!
Programa 111. Espazo Podcast: Ponte no meu lugar (01/02/23)
No Espazo Podcast, hoxe temos un programa realizado polo alumnado de 3º de ESO, da materia de Proxecto Competencial, sobre o acoso. A emisión do programa non se puido completar antes de que finalIzase o recreo, polo que repetiremos a súa emisión o vindeiro mércores.
Programa 110. Auganovas-12 (01/02/23)
Comezamos o mes de febreiro, mes de Rosalía, precisamente recitando un dos seus poemas. Continuamos coas tres mellizas na sección de debuxos e pechamos o programa cun debate sobre a celebración do día de San Valentín.
Programa 109. Para Ti De Xa Sabes Quen-13 (31/01/23)
Hoxe en Para Ti De Xa Sabes Quen non tivemos ningunha dedicatoria, pero recordámosvos que podedes enviar as vosas dedicatorias ao 608 12 23 36.
-
Hoxe tivemos connosco a Roberto Mera! Queremos agradecerlle dende a Auga Radio que nos ensinase tanto sobre a figura de Alejandro Viana ( ...
-
Como nos gustan as dedicatorias musicais! Volvemos coa sección ¨Para ti de xa sabes quen¨, así que, xa sabes, envíanos a túa dedicatoria ao...
-
Perdiches o último programa científico ou queres volver escoitalo? Aquí podes facelo: