Programa 208 Espazo Podcast: oratoria-1 (18/12/23)

Programa elaborado polo alumnado da materia de oratoria de 4º de ESO. Reprodución dunha sesión plenaria.

imagen

Programa 207 Auga Random-9 (21/12/23)

No programa de hoxe tivemos dúas entrevistas, unha acerca dunha actuación no auditorio municipal da orquestra do instituto e outra a alumnado participante na cmpetición de brilé intercentros celebrada onte.


  







Programa 206 Auga Novas-10 (20-12-23)

No último episodio de Auga Novas do ano falamos das vindeiras festas, e as diferentes formas de celebralas. O vindeiro ano seguiremos con estas tertulias tan interesantes e divertidas. 


  








Programa 205 PTDSXQ-2 (19-12-23)

 Esta semana noutro PTDXSQ contamos  co top 3 cancións, que resultan ser navideñas por mr da época.

imagen 

 

Programa 204 Venres de Ciencia-10 (15/12/23)

Na sección de noticias ientíficas de hoxe temos, por unha banda o proxecto gañador do premio Rafael Crecente a proxectos relacinados co desenvolvemento rural e, pola outra, a alerta de aparición de casos de gripe porcina en humanos en UK. A sección Artemis despide o ano coas novidades dos avances en misións aeroespaciais e as Mulleres de Ciencia coa divulación da figura de Sophie Germain, física e matemática autodidacta. Agardámosvos no vindeiro ano!

 

Programa 203 Auga Random-8 (14/12/23)

 Repaso aos resultados deportivos dos quipos de baloncesto e fútbol locais e das variables meteorolóxicas rexistradas no  IES. 

Nas curiosidades científicas: como se miden os IQ, a lingua bífida das serpes e as eclipses de Lúa. 





Programa 202 Auga Novas-9 (13-12-23)

 No programa de hoxe faláronnos sobre razas de cans chinesas e de capítulos especiais do nadal nas series.


Programa 201 Recomendacións literarias-1 (12/12/23)

 Chega un novo programa a Auga Radi, da man de Claudia e o ooutras/os compañeiras/os de primeiro de ESO. Son as Recomendacións Literarias, que se incorporan á emisión dos martes, alternando co clásico PTDXSQ e con Música Auga. Hoxe tivemos a presentación, e o programa arrincará o vindeiro 23 de xaneiro. Preparádevos para  desfrutar con elas/es da literatura!



Programa 200 Venres de Ciencia-9 (01/12/23)

 A primeira noticia de hoxe infórmanos da evolución do tempo meteorolóxica en Galicia nesta últma semana, mentres a seguinte é unha chamada de atención sobre as graves reercusións do incremento do efecto invernadoiro. A continuación, na sección Artemis, actualización da misión, pero tamén curiosidades como o cambi cognitivo que sofren os astronautas ao ver o noso planeta dende o exterior. Finalmente, na sección de Mulleres de Ciencia coñeceremos á mexicana Mª Elena Caso, experta en equinodermos. 

imagen

Programa 199. Auga Random-7 (30/11/23)

Hoxe, como todas has semanas, tivemos a sección de deportes e volveu o programa do tempo como o ano pasado. Tamén houbo unha entrevista a o noso compañeiro Mario sobre as súas receitas. No apartado de curiosidades científicas, descubrirannos que tipos de soños teñen as persoas cegas ou que é o que nos permite ver as cores. 

imagen

Programa 198 Auga Novas-8 (29-11-23)

 Hoxe tivemos un coloquio sobre das luces de Vigo e tivemos o inicio dun pequeno concurso de adiviñanzas para a próxima semana.

imagen

Programa 197 Música Auga -2 (28/11/23)

Hoxe Daniel estívonos falando acerca de Loita amada. 

imagen


Programa 259 Venres de Ciencia-23 (19/04/24)

Hoxe, na sección de noticias, os revsibles efectos da subida do nivel do mar, consecuencia do cambio climátco, nas costas glegas. Na sección...