Programa 196Venres de Ciencia-8 (24/11/23)

 Na sección da noticia científica de hoxe alertáronnos sobre a chegada do dengue a Galicia, transmitido polo mosquito tigre e da detección de anticorpos anti-covid nos recén nacidos de nai vacinadas. A sección Artemis, polo escaso tempo que nos quedaba hoxe despois da lectura do manifesto do 25N foi a toda velocidade, pero sempre cunha chea de información interesante e, finalmente, nas Mulleres de Ciencia coñecemos a figura de Mary Wortley Montagu, promotora da variolización en Reino Unido.

imagen


Especial manifesto 25N

Lectura do manifesto redactado polo IES Andrés Bello (Canarias 2019) que, dende o IES Pedra da Auga fixemos noso de cara a este 25 de novembro. 



Programa 195. Auga Random-6 (23/11/23)

Como sabedes, o pasado xoves non tivemos as seccións habituais do programa porque o alumnado de 3º de ESO secundou a folga convocada para denunciar o xenocidio que o estado de Israel está a cometer contra a poboación palestina. Hoxe, un compañeiro do instituto que estivo na manifestación celebrada ese día en Vigo, está co nós para explicarnos como se desenvolveu e as súas impresións ao respecto. Ademais, disto, temos o repaso á actualidade deportiva do Condado e as curiosidades científicas. Nesta seccións, poderás descubrir por que ronronean os gatos, que a prcentaxe de persoas ás que se lle seca a boca quizais sexa máis alta do que pensabas ou cal é a composición dos Pilares do Universo. Boa escoita! 

imagen 

 

 

Programa 194 Auga Novas-7 (22-11-23)

No programa de hoxe faláronnos acerca dagunhas razas de cans coma o border collie e series televisivas coma Peppa Pig.

imagen

Programa 193 Venres de Ciencia-7 (17/11/23)

Novos biomateriales a empregar en cirurxía e datos relacionados cos efectos oftalmolóxicos da diabetes, ocupan a sección de noticias de hoxe. A continuación, na sección Artemis, os problemas derivados do proxecto SpaceX e, como sempre, tda a actualidade da misión Artemis. Para pechar, na sección Mulleres de Ciencia, Noemí descúbrenos a Mary Wortley Montagu, promotora da variolización en Gran Bretaña, entre outras moitas cousas. Desfrutade da emisión!

imagen

Programa 192. Auga Random-5 (16/11/23)

Por causa da folga estudantil para denunciar o xenocidio que o estado de Israel está a cometer contra o pobo palestino, o alumnado de 3º de ESO non está hoxe no programa. Polo tanto, contamos só coa sección de curiosidades científicas. Pero non a perdades, porque as rapazas de 1º de ESO nos explican por que motivo o pegamento non se pega ao seu recipiente, como unha canción pode salvar vidas ou que ocorreu co cerebro de Einstein despois da súa morte...! 

imagen

Programa 191 Auga Novas-6 (15-11-23)

Hoxe tivemos un coloquio acerca de folgas, épocas do pasado e gatos. 

imagen


Programa 190 PTDSXQ-1 (14-11-23)

Volve o Para Ti De Xa Sabes Quen, con novas dedicatorias! 

imagen 

 

Programa 189 Venres de Ciencia-6 (10/11/23)

As noticias de hoxe alértannos de dous importantes problemas que afectan á nosa saúde; por uha banda a chamada "ecansiedade" fronte á situación actual de degradación do planeta (presenza cada vez maior de microplásticos, quecemento global, etc.) e do perigo dos cannabinoides sintéticos, aínda pouco estudados pero mooi consumidos. O espazo Artemis reestructúrase para mellorar na divulgación de todo o relacionado coa ciencia e tecnoloxía espacial. Para rematar, na sección de Mulleres de Ciencia, a vulcanóloga Katia Krafft.

imagen

 

Programa 188. Auga Random-4 (09/11/23)

No programa de hoxe atoporás o repaso á xornada deportiva do Condado, un pouco accidentada nesta fin de semana! Poderás descubrir se o teu cerebro pode acender unha lámpada, a explicación ao pelo branco (ou no) dos osos e se existen planetas que poidan orbitar a dúas estrelas. E entre todo o isto, un anuncio que fará ilusión a moitas/s de vós...Que ocorre dentro de sete xoves??

imagen 

 

Programa 187. Auga Novas-5 (08-10-23)

Hoxe faláronnos sobre unha raza de can e sobre unha serie que seguro que coñeces. 

imagen 

 

Programa 186 Música Auga -1 (07/11/23)

Hoxe tivemos un novo programa sobre música no que nos falaron sobre Dios Ke te Crew, un grupo de música galego. 

 


 

Programa 185 Venres de Ciencia-5 (03/11/23)

Comezamos novembro con dúas noticias relacionadas coa saúde; en primeiro lugar, a "resucitación" de proteínas con efecto antibiótico, de especies xa extintas, que poderían ter aplicación na loita contra bacterias resistentes a antibióticos. A segunda noticia céntrase a enfermidade hemorráxica epizoótica que está coomezando a afectar ao gando en Galicia. Na sección Artemis Diego fálanos tamén dunha "resucitación".... a do concord. Para rematar, a sección de Mulleres de Ciencia estivo dedicada hoxe a Donna Strickland, premio Nobel de física. 

imagen 

 

Programa 184. Auga Random-3 (02/11/23)

 Hoxe fixemos un coloquio sobre o samaín do instituto. ESTREAMOS nova sección sobre algúns datos curiosos que vos poderían interesar. Así que xa sabedes, cada semana teremos novas curiosidades!

imagen


Programa 183 Venres de Ciencia-4 (27/10/23)

No programa deste venres, temos infromación sobre a loita contra o cancro de mama; o paso, moi preto da Terra, dun grupo de asteroides o mes pasado; a actualidade relacionada coa investigación espacial e, finalmente, como muller destacada da semana, puidemos coñecer a Alice Ball e o seu descubrimento para tratar a lepra, a comezos do século XX. 

imagen 

 

Programa 182. Auga Random-2 (26/10/23)

Hoxe estreamos uha sección de curiosidades científicas dentro de Auga Random!!. En realidade, é a única sección que poderedes escoitar neste 26 de outubro, porque o equipo habitual de Auga Random está secundando a folga estudantil convocada para denunciar a situación que se está a vivir en Palestina e esixir o cese dos ataques á poboación. Deste xeito, aproveitamos para facer a nosa sección un pouco máis longa e intervir todo o equipo do programa, que está formado por Claudia, Gael, Marta e Bibiana de 1º de ESO e Noemí, de2ºESO e condutra da sección. Anímate a descubrir por que a neve é branca, o ceo é azul, que planetas do sistema solar xiran ao revés e cal é o motivo de que os humanos non escoitemos os chifres para cans ou a complexidade do cerebro do polbo.

imagen 

 

Programa 181. Auga Novas-4 (25-10-23)

Hoxe falamos sobre o Samaín, as folgas e as novas do instituto. 

imagen 

 

Programa 259 Venres de Ciencia-23 (19/04/24)

Hoxe, na sección de noticias, os revsibles efectos da subida do nivel do mar, consecuencia do cambio climátco, nas costas glegas. Na sección...