Programa 134. A Noticia Científica da Semana-19 (17/03/23)
Os fungos como causantes dunha posible nova pandemia e a contaminación das augas subterráneas galegas por nitratos son as noticias científicas que nos trae hoxe o alumnado de 1º de ESO. No espazo Artemis novidades sobre a misión espacial e rematamos o programa coñecendo a Mileva Marić na sección de Mulleres na Ciencia.
Programa 133. Augarandom-13 (16/03/23)
Hoxe as nosas compañeiras Noelia e Antia faláronos dos deportes e a nosa compañeira Sara falounos sbre a comunicación de guerrila que é un proxecto que fixo o concello e sobre un certame de poesía no instituto...
Programa 132. Espazo Podcast: Os traballos do Campo-1 (15/03/23)
Comezamos unha nova entrega de podcasts, nesta ocasión da man de alumnado de 2º de ESO, sobre un tema que aínda non aparecera na nosa programación e botabamos a faltar: os traballos do campo. Este primeiro progrrama céntrase no cultivo da pataca.
Programa 131. Auganovas-15 (15/03/23)
Sabes en que consisten os xogos de rol? Tes unha opinión ao respecto? Hoxe, este tema a debate en Auga Novas.
Programa 130. Para Ti De Xa Sabes Quen-16 (14/02/23)
No programa de hoxe as nosas compañeiras Noelia e Daniela foron ao patio a recoller dedicatorias co micrófono. É algo novo para nós e houbo algúns fallos técnicos, pero aínda así gustounos moito facelo. Esperamos que vos gustase tanto coma a nós.
Programa 129. A Noticia Científica da Semana-18 (10/03/23)
No apartado da noticia científica, o grupo de 1º ESO B fálanos do fenómeno astronómico que posible moitas de vós veriades nestes días: a conxunción planetaria de Xúpiter e Venus. Por outra banda, a parella de 1ºA infórmanos dun estudo que pon de relevo outro dos efecto do exceso de CO2 na atmosfera; a morte de diatomeas. No apartado Artemis, entre toda a informaciónn que ns trae Diego, unha mención a Valentina Tereshkova e na sección de Mulleres Científica, coñecemos, da man de Noemí e Ruy, a Lynn Margulis e Chien-Shiung Wu.
Programa 128. Augarandom-12 (09/03/23)
No programa de hoxe, as nosas compañeiras Noelia e Antía fálannos dos deportes e dos resultados meteorolóxicos, e Mohamed infórmanos dunha nova moi interesante.
Programa 127. Especial 8M: DÍA DA MULLER (08/03/23)
Tal e como estaba anunciado na nosa programación, hoxe sumámonos á conmemoración do 8 de marzo cun programa especial do alumnado da materia de valores éticos de 3º e 4º de ESO. Aclárannos o concepto do feminismo, fan un percorrido polas consideradas 4 ondas e rematan con algúns do datos que poñen de manifesto que seguimos vivindo nunha sociedade non iguaitaria e que, polo tanto o 8 de marzo como xornada de reivindicación, segue a ser necesario.
Programa 126. A Noticia Científica da Semana-17 (03/03/23)
Hoxe no apartado da notícia científica tivemos a Lara e a Abraham que nos falaron sobre o eucalipto e o seu impacto en Galicia. Na sección Artemis máis novidades sobre o espazo e no apartdado de mulleres científicas falaron de Ada Lovelace e unha recoñecida bióloga molecular.
Programa 125. Augarandom-11 (02/03/23)
Hoxe, como todos os xoves, tivemos o repaso dos resultados deportivos dos equipos do Condado e dos datos da estación meteorolóxica. E tamén informamos das actividades do instituto e das do concello de Ponteareas. Non vos esquezades de vir o domingo á Praza Maior.
Programa 124. Auganovas-14 (01/03/23)
No programa de hoxe, co equipo de Auga Novas ao completo, falamos sobre anime, música e sobre o obradoiro de cómics que teremos no instituto o vindeiro luns. Esperamos que vos guste!
Programa 123. Para Ti De Xa Sabes Quen-15 (28/02/23)
O Para Ti De Xa Sabes Quen sae do estudo ao patio do instituto. Agora tamén con dedicatorias en directo. Non podes deixar de escoitalo!
-
Hoxe tivemos connosco a Roberto Mera! Queremos agradecerlle dende a Auga Radio que nos ensinase tanto sobre a figura de Alejandro Viana ( ...
-
Como nos gustan as dedicatorias musicais! Volvemos coa sección ¨Para ti de xa sabes quen¨, así que, xa sabes, envíanos a túa dedicatoria ao...
-
Perdiches o último programa científico ou queres volver escoitalo? Aquí podes facelo: