Programa 216 Venres de Ciencia-12 (19/01/24)

Un estudo sobre o efecto da toxoplasmose en anciáns e outro sobre a presenza de nano e microplásticos na auga embotellada, ocuparon a sección da Noticia Científica de hoxe. A continuación Diego, na sección Artemis, púxonos ao tanto das novidades espaciais, en particular, o referente á misión Axiom Space, faéndonos ademais unha semblanza du dos tripulantes, Miguel López Alegría. Finalmente, a Muller de Ciencia seleccionada hoxe por Noemí foi Hedy Lemarr, actriz e inventora. 

imagen


Programa 215 Auga Random-11 (18/01/24)

Despois da actualidade deportavia e do tempo en Ponteareas, hoxe deixámosvos cunha entrevista a Carlos, profesor de Xeografía e Historia do instituto e membro da Asociación Comité Memoria Histórica creada no centro. Para rematar, como curiosidades científicas, a explicación do que é un burato negro e cal é o mecanismo que nos permite ver as cores.

imagen


Programa 214 Auga Novas-12 (17-01-24)

No episodio de hoxe tivemos un coloquio acerca da visita do alumnado de sexto de primaria ao instituto. 

imagen 

 

Programa 213 PTDSXQ-3 (16-01-24)

Hoxe, neste para ti de xa sabes quen, reproducimos o top 50 global de spotify.

imagen 

 

Programa 212 Traballo e empresa (15-01-24)

Hoxe o alumnado de grao superior de administración faláronnos da historia da folga e dos diferentes tipos de folga que hai.

imagen 

<iframe src="https://www.ivoox.com/player_ej_122603726_6_1.html?c1=2a8fae" width="100%" height="200" frameborder="0" allowfullscreen="" scrolling="no" loading="lazy"></iframe>

Programa 211 Venres de Ciencia-11 (12/01/24)

No apartado de noticias científicas, dúas coas que despedimos o ano: o impacto contra a Terrra do vento solar emitido por un gran burato coroal e o avistamento dunha balea xibarte adulta nas costas de malpica. Na sección Artemis, actualización da propia misión e da OSIRIS-REx. Finalmente, como muller científica descubrimos a figura de Sylvia Earle, bióloga mariña e exloradora. 

imagen 

 

Programa 210 Auga Random-10 (11/01/24)

No Auga Random de hoxe, conducido por Noemí, conntamos coa habitual sección de curiosidades científicas e unha entrevista a 2 alumnas/os de primeiro curso sobre as súas experiencias ata agora no instituto e as perspectivas de cara ao novo ano.

imagen


Programa 209 Auga Novas-11 (10-01-24)

 No programa de hoxe faláronnos das razas de cans e xogos de anime.

imagen


Programa 259 Venres de Ciencia-23 (19/04/24)

Hoxe, na sección de noticias, os revsibles efectos da subida do nivel do mar, consecuencia do cambio climátco, nas costas glegas. Na sección...