Programa 97. Augarandom-5 (22/12/22)

Como todos os xoves, aquí estamos o alumnado de 2º de ESO. Hoxe, coma sempre, tivemos a sección de deportes habitual. A continuación, poderedes escoitar unha entrevista sobre a charla que tivemos hoxe e tamén sobre os concertos. E unha cousa nova que fixemos foi interactuar co público cunhas preguntas sobre o nadal.
Feliz ano!!!

Agardámosvos no 2023!!

 

 

Programa 96. Espazo Podcast: A Guerra en Ucraína (21/12/22)

No espazo adicado aos podcasts elaborados en distintas materias, hoxe emitimos o realizado polo alumnado de 3º de ESO da materia de Proxecto Competencial, que aborda a guerra en Ucraína. 

 

 

Programa 95. Auganovas-10 (21/12/22)

Atentas/os ao programa de hoxe, porque ademais dos contidos habituais, temos un interesante anuncio ao final do programa! 

 

 

Programa 94. Para Ti De Xa Sabes Quen-10 (20/12/22)

 Hoxe no programa hai moitos estilos de músicas diferentes. Teredes que escoitalo para saber  quen dedica a quen e descubrir os temazos que hai.


PROGRAMACIÓN AUGARADIO SEMANA 19-22 DECEMBRO

 


Programa 93. A Noticia Científica da Semana-9 (16/12/22)

Non podedes deixar de escoitar o último programa da "Noticia Científica da Semana" do ano. Ademais das noticias máis actuais, sección de seguemento da misión Artemis e as Mulleres de Ciencia da semana.

 

 

Programa 92. Augarandom-4 (15/12/22)

Hoxe o alumnado de 2º da ESO tráenos un novo programa onde falan sobre os deportes, como fan sempre, e ademais infórmnanos dos concertos que fará a orquestra do Pedra da Auga e tamén sobre as saídas de 1º e 2º de ESO. E por último sobre o que imos facer o xoves 22.

 

 

Programa 91. Auganovas-9 (14/12/22)

Contamos un novo mércores coas nosas compañeiras do programa Auganovas, que falan hoxe de bastantes animes, contánnos unha historia e tamén fálannos da historia dun programa de nenos/as.

 


Programa 90. Para Ti De Xa Sabes Quen-9 (13/12/22)

Novas dedicatorias para este martes 13. Anímate e envía a túa para a vindeira semana. 

 

 

PROGRAMACIÓN AUGARADIO SEMANA 12-16 DECEMBRO

Programa 89. A Noticia Científica da Semana-8 (09-12-22)

Volvemos co formato habitual dos venres. Esta semana temos dúas noticias científicas, o espazo de Diego dedicado ao seguimento da misión Artemis e a historia de dúas mulleres destacadas no mundo da ciencia, da man de Noemí e Ruy. 


Programa 88. Espazo Podcast: os estudos Ghibli (07/12/22)

O podcast de hoxe foi elaborado polo alumando de 3º de ESO na materia Proxecto Competencial. Neste caso falarannos sobre os estudos Ghibli de animación. Escoitádeo; é moi interesante!

Programa 87. Auganovas-8 (09/12/22)

 Hoxe o alumnado de 3º da ESO tráenos o apartado de literatura como todos os mércores e, ademais, cun pequeno diálogo sobre a serie animada "Lego Ninjago".


PROGRAMACIÓN AUGARADIO SEMANA 05-09 DECEMBRO


 


Programa 86. Especial: Día do solo (02/12/22)

No espazo de ciencia dos venres, esta semana interrompemos a programación habitual para sumarnos á celebración do día mundial do solo o vindeiro luns 5 de decembro. E facémolo cunha entrevista a Tino Quintela, profesor da UVigo, que veu a impartir un obradoiro sobre o solo ao alumnado de 1º de ESO. Ademais, contaremos tamén coas impresións dun dos alumnos participante destes obradoiros. 


Programa 85. Augarandom-3 (01/12/22)

Hoxe, como todos os xoves, temos a sección de deportes, pero ademais temos unha entrevista co alumnado de 2º da ESO que participou no musiké da semana pasada. 

Programa 84. Espazo Podcast: O chiringuito de Víctor (30/11/22)

 O alumnado de 2º de bacharelato, da materia de Literatura Universal, tráenos un novo podcast relacionado co mundial.

  


Programa 83. Auganovas-7 (30/11/22)

Hoxe o alumnado de 3º da ESO tráenos un novo programa de Auganovas. No programa falan sobre literatura, series para nenas/os e unha entrevista de tortillas. Si, de tortilla como ledes. Así que, escoitádeo!


Programa 82. Para Ti De Xa Sabes Quen-8 (29-11-22)

 Esta semana non temos dedicatorias e o equipo da radio escolleu unhas cancións para por.

 

 

Programa 259 Venres de Ciencia-23 (19/04/24)

Hoxe, na sección de noticias, os revsibles efectos da subida do nivel do mar, consecuencia do cambio climátco, nas costas glegas. Na sección...