Programa 182. Auga Random-2 (26/10/23)

Hoxe estreamos uha sección de curiosidades científicas dentro de Auga Random!!. En realidade, é a única sección que poderedes escoitar neste 26 de outubro, porque o equipo habitual de Auga Random está secundando a folga estudantil convocada para denunciar a situación que se está a vivir en Palestina e esixir o cese dos ataques á poboación. Deste xeito, aproveitamos para facer a nosa sección un pouco máis longa e intervir todo o equipo do programa, que está formado por Claudia, Gael, Marta e Bibiana de 1º de ESO e Noemí, de2ºESO e condutra da sección. Anímate a descubrir por que a neve é branca, o ceo é azul, que planetas do sistema solar xiran ao revés e cal é o motivo de que os humanos non escoitemos os chifres para cans ou a complexidade do cerebro do polbo.

imagen 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Programa 352. Venres de Ciencia 16 (21-02-25)

No programa de hoxe falaron dos efectos do tabaco na infancia e o do novo andazo de gripe aviar en USA. Nos datos científicos, descubrimos o...