Programas 23 e 24. Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11/2/2022)

 

Hoxe na Auga Radio celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia por todo o alto. 

En primeiro lugar, a nosa locutora Judit Rodríguez (2º Bacharelato) dialogou con tres científicas. Estas foron Iria Seoane (matemática e deseñadora de robots para cirurxías por laparoscopia), Marta Sánchez (oceanógrafa e investigadora en Australia) e Romina Álvarez (bióloga e secretaria da Asociación Ibérica de Limnoloxía). Dende aquí queremos agradecerlles que se prestasen a dialogar con nós na Auga Radio. Aprendemos e reflexionamos moitísimo con elas!


Grazas a Marta Álvarez (profesora de Bioloxía) e a Susana Iglesias (profesora de Matemáticas) por organizar o evento. 

Podedes escoitar o programa aquí: 



 

 

Pero non acabou aquí a cousa. Que mellor que celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia cun novo programa de... ¨A noticia científica da semana¨!


 

Escoitádeo aquí: 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Programa 352. Venres de Ciencia 16 (21-02-25)

No programa de hoxe falaron dos efectos do tabaco na infancia e o do novo andazo de gripe aviar en USA. Nos datos científicos, descubrimos o...