Programa 180 Venres de Ciencia-3 (20/10/23)

Coñecedes a Pau? É o nome coloquial que os seus descubridores deron ao exemplar de Pierolapithecus catalaunicus descuberto no 2002 en Catalunya, do que agora se reconstruíu o cranio. Esta é a nosa primeira noticia de hoxe. A seguinte lévanos da terra ao ceo para falar da aurora boreal que foi visible na península o 25 de abril, aínda que a chuvia nos impediu desfrutar dela en Galicia. A continuación, a sección Artemis lévanos aínda máis lonxe, para poñernos ao día a investigación espacial. E, para rematar non abandonamos o espazo, porque a muller científica de hoxe foi unha astrónoma, Caroline Herschel, ademais de matemática e cantante de ópera. Un programa para non perder! 

imagen 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Programa 442. Curso de árabe con Khadeja 02 (26-03-25)

Neste programa poderás aprender un pouco máis sobre o Ramadán, que rematou o pasado día 20 e algunhas palabras relacionadas coa comida. Desf...