PROGRAMACIÓN AUGARADIO SEMANA 27 FEBREIRO A 03 DE MARZO

 


Programa 122. A Noticia Científica da Semana-16 (24/02/23)

O terremoto de Siria e Turquía volve ás noticias. No espazo Artemis novidades da propia misión, da estación espacial internacional (EEI) e sobre ocomportamento do sol. E para rematar, na sección de mulleres científicas, viaxamos dende a Alexandría de comezos da nosa era, para coñecer a Hipatia, ata a actualidade, con Jane Goodall.  

 

 

Programa 121. Especial Día de Rosalía (23/02/23)

Hoxe tivemos un programa especial por mor do día de Rosalía. Puidemos desfrutar da presenza de alumna/os e a profesores recitando poemas.


DÍA MUNDIAL DA RADIO

O día 13 de febreiro Auga Radio participou da emisión en continuo organizada por Ponte nas Ondas para celebrar o Día Mundial da Radio.


 

Aquí tendes o enlace onde poderedes escoitar o noso programa e os dos demais centros participantes

http://escolasnasondas.com/dmr2023-portada/#1675871988065-063acf4a-cb3b

Programa 120. A Noticia Científica da Semana-15 (17/02/23)

Hoxe na noticia científica temos a Roi, Javier e Eloy,  que nos contan unhas cousas moi interesantes,. Queredes sabelo? Quedade escoitarnos!

Despois temos a sección de Mulleres na Ciencia con Ruy e Noemí  que nos falarán sobre Christiane Nüsslein-Volhard e Inge Lehmann.

E por último Diego, que na sección Artemis nos porá ao tanto dunha fuga na Estación Espacial Internacional e as novidades relacionadas co James Webb. Tamén teremos un comentario sobre o tema de actualidade: os globos  que sobrevoan os USA.

Programa 119. Augarandom-10 (16/02/23)

Hoxe estamos un día máis no Augarandom, no día previo ao entroido do instituto con máis noticias do centro. 

 

 

Programa 118. Auganovas-13 (15/02/23)

Hoxe as nosas compañeiras de Auga Novas estiveron falando do entroido no instituto e os disfraces tan orixinais que elixiron. 

 

 

Programa 444. Actualidade 06 (09-04-26)

No programa de hoxe tivemos un especial relacionado coa misión Artemis II, actualmente en curso.