Musiké: A arte das musas
Comezo do curso na Augateca
Programa 58. Despedida do curso (22/6/2022)
Días especiais coma este hai ben poucos. No programa de hoxe a nosa locutora Uxia (á que imos botar tantísimo de menos, que tan bos programas fixo e á que lle dicimos que veña de visita sempre que queira) fixo un repaso do que foi a nosa Auga Radio este curso. Houbo tempo tamén para unha merecida merenda, para bágoas e despedidas. Foi un ano marabilloso.
Escoitámonos o curso que vén na Auga Radio!
Programa 57. Colectivo LGTBIQ+ (17/6/2022)
Hoxe tivemos un programa máis que necesario. É importante que todo o mundo coñeza ben a realidade do colectivo LGTBIQ+ e por iso a rapazada do noso instituto organizou unhas charlas co acompañamento de Xosé Lois, o seu profesor de Xeografía e Historia. Non podiamos deixar pasar a oportunidade de darlles voz tamén dende a nosa radio.
Escoitádenos:
Programa 56. Auganovas (15/6/2022)
E continuamos cos ¨ata o curso que vén¨. Desta volta tocoulle ao noso programa máis tolo, guiado pola rapazada de 2º ESO... o noso ¨Auganovas¨, que tanto éxito está acadando!
Programa 55. Para ti de xa sabes quen (13/6/2022)
E chega o final do noso marabilloso programa de dedicatorias ¨Para ti de xa sabes quen¨, con Victoria e Uxia como locutoras. O ano que vén agardamos que sigades dedicando as vosas cancións favoritas!
Programa 54. A noticia científica da semana (10/6/2022)
Hoxe emitimos un dos programas máis especiais do curso... o último programa científico. Por suposto, non o podes perder. O ano que vén seguimos con moitas ganas!
Programa 444. Actualidade 06 (09-04-26)
No programa de hoxe tivemos un especial relacionado coa misión Artemis II, actualmente en curso.
-
Hoxe tivemos o Venres de ciencia, onde nos falaron dun planeta errante, de petróglifos e dun novo catalizador para os coches que reduce a co...
-
No programa de hoxe falaron sobre o nacemento de baleas xorobadas fóra do súa habitat habitual, e sobre To Youyou a primeira muller chinesa ...
-
Hoxe estivemos falando das novas recentes do instituto, como unha nova sala de estudo etc.

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
