E chegamos ao noso programa 50! E que mellor que celebralo co noso programa de dedicatorias. Escoita todas as novidades musicais desta semana!
Programa 50. Para ti de xa sabes quen (31/5/2022)
Programa 48. As mulleres na ciencia (25/05/2022)
O alumnado de 3º ESO investigou para a materia de Lingua Castelá sobre unha serie de mulleres científicas que tes que coñecer. Grazas á profesora Ascensión e a todas as rapazas e rapaces que colaboraron!
Programa 46. Letras Galegas para Florencio Delgado Gurriarán (18/5/2022)
Este ano as Letras Galegas son para Florencio Delgado Gurriarán. O alumnado de 1º ESO creou un programa no que se lle fixo unha entrevista ao noso autor ao longo de diferentes etapas da súa vida.
Por outro lado, o alumnado de 3º ESO fixo un rap para homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán. Non o podes perder!
Programa 45. A noticia científica da semana (13/5/2022)
Sabías que se descubriron fósiles de xigantescos réptiles mariños nos Alpes suízos? Queres coñecer algo máis sobre a fertilidade das plantas? Este é o teu programa!
Programa 44. Para ti de xa sabes quen (10/5/2022)
O noso programa de dedicatorias musicais está cada día máis animado. Coñece as cancións máis demandadas polo noso público do IES Pedra da Auga e non te esquezas de pedirnos as túas cancións ao número 608122336.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Programa 444. Actualidade 06 (09-04-26)
No programa de hoxe tivemos un especial relacionado coa misión Artemis II, actualmente en curso.
-
Hoxe tivemos o Venres de ciencia, onde nos falaron dun planeta errante, de petróglifos e dun novo catalizador para os coches que reduce a co...
-
No programa de hoxe falaron sobre o nacemento de baleas xorobadas fóra do súa habitat habitual, e sobre To Youyou a primeira muller chinesa ...
-
Hoxe estivemos falando das novas recentes do instituto, como unha nova sala de estudo etc.




(1).jpg)

