Programa 302. Noticias Noemí 1 (09-10-24)
Novo programa no que Noemí nos informa cada dúas semanas das noticias de actualidade. Hoxe entre outras cousas, informóunos dun descobremento que rematará finalmente coas dúbidas sobre a nacionalidade de Cristóbal Colón.
Programa 301. Entrevistad@s 2 (08-10-24)
Hoxe, en Entrevistad@s temos unha novidade: a entrevistada é unha alumna, Laura, de 3º de ESO. Ademais de falarnos da súa experiencia no instituto, podemos coñecer as súas aficcións e, entre elas, a do boxeo.
Programa 300. Artemis (08-10-24)
A ESA lanza a misión Hera, destinada a explorar, por primeira vez un sistema binario de asteroides. É unha misión integrada no proxecto de defensa planetaria. Se queres entender o por que, escoita o noso programa, no que informamos tamén do Proxecto Liince, que nada ten que ver con este ameazado mamífero, senón coa posta en órbita da primeira cápsula tripulada europea.
Programa 298. Venres de Ciencia (04-10-24)
Este foi o primeiro Venres de Ciencia do curso 2024/2025 e tivemos dúas parellas de noticias científicas de 1º ESO. Ademais, Noemí falounos do mundo da psicoloxía e unha das mulleres máis destacables neste campo.
Programa 296. Artemis 2 (01-10-24)
No programa de hoxe tivemos as novas máis actualidade do mundo aeroespacial, destacando os problemas coa Crew 9 de SpaceX e as novas no montaxe e preparación das misións Artemis da NASA.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Programa 444. Actualidade 06 (09-04-26)
No programa de hoxe tivemos un especial relacionado coa misión Artemis II, actualmente en curso.
-
Hoxe tivemos o Venres de ciencia, onde nos falaron dun planeta errante, de petróglifos e dun novo catalizador para os coches que reduce a co...
-
No programa de hoxe falaron sobre o nacemento de baleas xorobadas fóra do súa habitat habitual, e sobre To Youyou a primeira muller chinesa ...
-
Hoxe estivemos falando das novas recentes do instituto, como unha nova sala de estudo etc.






