Programa 247 Entrevistad@s-2 (20/03/24)

No segundo programa de Entrevistad@s tivemos de invitada a Fabiola Lamas, actualmente en prácticas do profesorado de Formación e Orientación Laboral.

 imagen

Programa 246 Venres de Ciencia-20 (15/03/24)

Hoxe, unha noticia espectacular do ámbito da medicina: a posibilidade de desenvolver miniórganos, a partir de células nai obtidas do líquido amiótico. Como sempre, despois desta sección continuamos coa actualidade, neste caso da investigación aeroespacial, da man da sección Artemis. finalmente, na sección de mulleres de Ciencia, hoe coñecemos a figura de Celia Sánchez, especializada nas ciencias da visión.


Programa 245 Auga Random-17 (14/03/24)

 Hoxe Claudia e Gael contaronnos un par de datos científicos. Non volo perdades!!! :)



Programa 244 Auga Novas-19 (13/03/24)

Hoxe en Auga Novas falaron do diñeiro. Non volo perdades. :)




Programa 243 Espazo Podcast: o uso dos móbiles (11/03/24)

Hoxe temos un novo podcast sobre o uso dos teléfonos móbiles, en compañía do alumnado do ciclo de electricidade.


Programa 242 Venres de Ciencia-19 (08/03/24)

O tempo volve ser noticia nos Venres de Ciencia, da mande 1º ESO B. Pola súa banda, o alumnado de 1ºA falaranos dunha iniciativa da UVigo para monitorzar a posible contaminación en augas termais, aplicando a IA. Como sempre, a sección Artemis ponnos ao día nas novidades sobre a industria aeroespacial e, finalmente, na sección Mulleres de Ciencia de hoxe, 8 de marzo, Noemí dános a coñecer a figura de Rosalyn Sussman Yalow, biofísica gañadora dun Nobel.


Programa 241 Auga Novas-18 (06/03/24)

No día de hoxe tivemos un coloquio acerca da pascua, mangas, resurreción e temas relacionados. Moi interesante.

 


Programa 444. Actualidade 06 (09-04-26)

No programa de hoxe tivemos un especial relacionado coa misión Artemis II, actualmente en curso.