Programa 240 Música Auga -3 entrevista con Willow GHZ (05/03/24)

Hoxe tivemos un programa moi especial. Entrevista en directo con Willow GHZ. Desfrutade!!



 
















Programa 239 Venres de Ciencia-18 (01/03/24)

Nas noticias de hoxe: o estudo do desxeo na Antártida e un repaso ás verteduras de pellets nos últimos anos. A continuación, a sección Artemis coas novidades da expploración espacial e, para rematar, na sección de mulleres de ciencia coñeceremos a Rita Levi-Montalcini, neuróloga italiana, recoñecida no seu momento cun premio Nobel.
















Programa 238 Auga Random-16 (29/02/24)

Neste programa falamos sobre os deuses gregos e algúns datos científicos. Non tivemos deportes nin tempo meteorolóxico.




















Programa 237 Auga Novas-17 (28-02-24)

No programa de hoxe tivemos un curto coloquio acerca das cores, a súa percepción nos seres vivos e incluso o reflexo da luz solar na atmosfera.
















Programa 236 PTDSXQ-5 (27-01-24)

Hoxe traémosvos o top 3 semanal en primeiro lugar temos FARDOS de JC Reyes, no segundo temos manos rotas de DELLAFUENTE e por último temos en terceiro lugar La falda de Myke Towers. Esperamos que o disfrutedes moito!



















Programa 235 Venres de Ciencia-17 (23/02/24)

Na sección de noticias científicas, a parella de 1ºB explicounos o descubrimento da aplicación dun fármaco contra a Covid para tratar as lesións cerebrais e a parella de 1º A falounos sobre o posible poder anticanceríxeno dos grelos. Posto que hoxe non tivemos a sección de Mulleres de Ciencia, o programa rematou coa sección Artemis e a noticia máis destacada da semana: unha nova alunizaxe, pero esta vez, pr parte dunha misión privada.















Programa 234. Especial: Día de Rosalía

 Mañá, 23 de febreiro conmemórase o día de Rosalía. Nós, anticipámonos á cellebración con esta pequena lectura dalgún dos seus poemas a cargo do alumnado de 2º de ESO.








Programa 444. Actualidade 06 (09-04-26)

No programa de hoxe tivemos un especial relacionado coa misión Artemis II, actualmente en curso.