Volve unha nova tempada de Auga Random. Hoxe aínda non tivemos sección do tempo nin do deportes, pero si falamos de como nos foi o principio de curso e dos concursos de samaín.
Volve unha nova tempada de Auga Random. Hoxe aínda non tivemos sección do tempo nin do deportes, pero si falamos de como nos foi o principio de curso e dos concursos de samaín.
A actualidade relacionada coa ciencia no primeiro tramo do programa, co cambio climático e a busca de vida extraterrestre como protagonistas. Non abandonamos o espazo na sección Artemis e, finalmente, na última sección coñeceremos a Hertha Ayrton, nacida Phoebe Sarah Marks.
Volve a ciencia á programación dos venres de Auga Radio. O programa contará cada semana con tres seccións. Nunha primeira faremos un repaso das noticias científicas destacadas da semana, da man do alumnado de 1º de ESO (un novo par de parellas cada semana). A continuación, volve Diego para manternos ao tanto das novidades relacionadas coa misión Artemis e a investigación espacial en xeral. Para pechar o programa, Noemí presentaranos cada venres a unha nova "Muller de Ciencia". Agardamos que desfrutedes e aprendades moito e desculpade os problemas técnicos destes primeiros programas, porque aínda estamos retomando a actividade!
No programa de hoxe tivemos un especial relacionado coa misión Artemis II, actualmente en curso.