Programa 178. Auga Novas-3 (18/10/23)

Hoxe faláronnos sobre razas de cans, mangas e cousas frikis e series de anime.  

imagen 

 

Programa 177. Venres de Ciencia-2 (13/10/23)

A actualidade relacionada coa ciencia no primeiro tramo do programa, co cambio climático e a busca de vida extraterrestre como protagonistas. Non abandonamos o espazo na sección Artemis e, finalmente, na última sección coñeceremos a Hertha Ayrton, nacida Phoebe Sarah Marks. 

imagen 

 

Programa 176. Auga Novas-2 (10/10/23)

 Hoxe falamos das excursións e das novas do instituto.

imagen  


Programa 175. Venres de Ciencia-1 (06/10/23)

 Volve a ciencia á programación dos venres de Auga Radio. O programa contará cada semana con tres seccións. Nunha primeira faremos un repaso das noticias científicas destacadas da semana, da man do alumnado de 1º de ESO (un novo par de parellas cada semana). A continuación, volve Diego para manternos ao tanto das novidades relacionadas coa misión Artemis e a investigación espacial en xeral. Para pechar o programa, Noemí presentaranos cada venres a unha nova "Muller de Ciencia". Agardamos que desfrutedes e aprendades moito e desculpade os problemas técnicos destes primeiros programas, porque aínda estamos retomando a actividade!


 

Programa 174. Auga Novas-1 (04/10/23)

Auga Novas está de volta, con toda a actulidade sobre xogos, programas e series e a incorporación dunha nova sección sobre razas caninas. Non o podedes perder!

 

NOVA TEMPADA AUGA RADIO 23/24

Programa 173. A Noticia Científica da Semana-27 (16/06/23)

Con esta última entrega de "A noticia científica da semana", despedimos a emisión de Auga Radio ata o vindeiro curso.

Bo verán!

imagen 

 

Programa 444. Actualidade 06 (09-04-26)

No programa de hoxe tivemos un especial relacionado coa misión Artemis II, actualmente en curso.