Programa 158. Para Ti De Xa Sabes Quen-20 (16/05/23)

Deixamos hoxe as dedicatorias para, nesta semana das Letras, dedicar o PTDXSQ á música máis actual cantada na nosa lingua. 


Programa 157. Especial: semana das letras galegas (15/05/23)

 Conmemoración do Día das Letras Galegas en honra de Francisco Fernández del RIego.


PROGRAMACIÓN AUGARADIO SEMANA 15 AO 19 DE MAIO

 



Programa 156. A Noticia Científica da Semana-23 (12/05/23)

No programa de hoxe, na sección da noticia científica, tivemos catro noticias: -Laura e Mario falándonos das altas temperaturas en abril. 

-Eloy, falándonos do fenómeno atmosférico que vai vir chamado O neno. 

-Roi e Nerea explicáronnos a descuberta de especies asociadas ás illas de plástico do Pacífico. 

Ademais Diego, na sección Artemis, tróuxonos as novidades sobre Starship e EELS. Por último tivemos a Ruy e Noemí na sección de Mulleres na Ciencia dándonos a coñecer a Rita Levi e Alice Ball.

 

 

Programa 155. Auganovas-21 (10/05/23)

 No programa de hoxe as nosas/os nosos  compañeiros/as de Auganovas faláronnos de diversos temas nesta charla coloquio.

 

 

PROGRAMACIÓN AUGARADIO SEMANA 08 AO 12 DE MAIO


Programa 154. A Noticia Científica da Semana-22 (05/05/23)

No día de hoxe tivemos 4 novas noticias, tratando temas tan diversos como as respostas ao estrés das plantas, o varamento de  baleas, a gripe ou o lanzamento da Starship. Despois, seguimos co espazo Artemis e, finalmente Mulleres na Ciencia, hoxe dándonos a coñecer a Emmy Noether e Jocelyn Bell.


Programa 444. Actualidade 06 (09-04-26)

No programa de hoxe tivemos un especial relacionado coa misión Artemis II, actualmente en curso.