Programa 114. Para Ti De Xa Sabes Quen-14 (07/02/23)

 Hoxe un día máis do para ti de xa sabes quen, temos unhas dedicatorias especiais.

 

 

PROGRAMACIÓN AUGARADIO SEMANA 06 - 10 FEBREIRO

Programa 113. A Noticia Científica da Semana-13 (03/02/23)

No apartado das noticias científicas, viaxamos dende os confíns do Universo, ás serras da Caniza. A continuación un par de apuntamentos relacionados, aínda que non o pareza, coa misión Artemis (sección que estrea música de cabeceira) e, para rematar, a nosa selección de mulleres de ciencia con Christiane Nüsslein-Volhard (bióloga) e Cecilia Payne (astrónoma). 

 

 

Programa 112. Augarandom-9 (02/02/23)

Deportes, información meteorolóxica, saídas didácticas e ata o anuncio dun reto no que está implicada toda a radio. Todo isto nun programa que non podes deixar de escoitar!


Programa 111. Espazo Podcast: Ponte no meu lugar (01/02/23)

No Espazo Podcast, hoxe temos un programa realizado polo alumnado de 3º de ESO, da materia de Proxecto Competencial, sobre o acoso. A emisión do programa non se puido completar antes de que finalIzase o recreo, polo que repetiremos a súa emisión o vindeiro mércores. 

 

 

Programa 110. Auganovas-12 (01/02/23)

Comezamos o mes de febreiro, mes de Rosalía, precisamente recitando un dos seus poemas. Continuamos coas tres mellizas na sección de debuxos e pechamos o programa cun debate sobre a celebración do día de San Valentín. 


Programa 109. Para Ti De Xa Sabes Quen-13 (31/01/23)

Hoxe en Para Ti De Xa Sabes Quen non tivemos ningunha dedicatoria, pero recordámosvos que podedes enviar as vosas dedicatorias ao 608 12 23 36. 

Programa 444. Actualidade 06 (09-04-26)

No programa de hoxe tivemos un especial relacionado coa misión Artemis II, actualmente en curso.