Programa 57. Colectivo LGTBIQ+ (17/6/2022)

 Hoxe tivemos un programa máis que necesario. É importante que todo o mundo coñeza ben a realidade do colectivo LGTBIQ+ e por iso a rapazada do noso instituto organizou unhas charlas co acompañamento de Xosé Lois, o seu profesor de Xeografía e Historia. Non podiamos deixar pasar a oportunidade de darlles voz tamén dende a nosa radio. 



 

Escoitádenos:

Programa 56. Auganovas (15/6/2022)

 E continuamos cos ¨ata o curso que vén¨. Desta volta tocoulle ao noso programa máis tolo, guiado pola rapazada de 2º ESO... o noso ¨Auganovas¨, que tanto éxito está acadando!



 
Escóitanos aquí: 
 

Programa 55. Para ti de xa sabes quen (13/6/2022)

E chega o final do noso marabilloso programa de dedicatorias ¨Para ti de xa sabes quen¨, con Victoria e Uxia como locutoras. O ano que vén agardamos que sigades dedicando as vosas cancións favoritas!

 

Programa 54. A noticia científica da semana (10/6/2022)

 

 Hoxe emitimos un dos programas máis especiais do curso... o último programa científico. Por suposto, non o podes perder. O ano que vén seguimos con moitas ganas!

 


Grazas a todos e a todas por escoitarnos!
 

Programa 53. Auganovas. Visita de Lupe Branco (8/6/2022)

 Esta semana no noso novo programa contamos coa visita de Lupe Branco, unha das mellores regueifeiras de Galicia, que fixo obradoiros para o alumnado de 1º ESO (aos que tamén asistiron os nosos famosos regueifeiros de 4º ESO que triunfaran en Valadares). E ti, xa sabes que é iso da regueifa? Escóitanos!



Programa 52. Para ti de xa sabes quen (7/6/2022)

 


 
Aínda non dedicaches ningunha canción? Estás a tempo. Envía a túa dedicatoria ao número 608122336.

Programa 51. A noticia científica da semana (3/6/2022)

 Hoxe traemos noticias sobre o impacto do cambio climático e sobre un experimento que se está facendo na lúa. Non perdas detalle!




Programa 444. Actualidade 06 (09-04-26)

No programa de hoxe tivemos un especial relacionado coa misión Artemis II, actualmente en curso.