Programa 356. Venres de Ciencia 17 (28-02-25)

No programa de hoxe tivemos dúas noticias relacionadas co oceano: unha sobre a linguaxe das baleas e outra sobre unhas planarias exóticas que están atacando aos mexillóns. No apartado de Datos Curiosos Gael deunos a coñecer a outra nova especie de dinosaurio e na sección de Mulleres de Ciencia Noemí presentounos a Stephanie Kwolek, incentora do kevlar, fibra sintética que se emprega nos chalecos antibalas, cascos e outros equipos de protección.


Programa 355 Auga Random 8 (27-02-25)

 No progama de hoxe non tivemos  a secion do tempo, só de deportes.

Pero unisuse Dani  de 1º  de eso B que nos trae as novidades do insituto e entrevistas ao alumnado de primeiro sobre os libros de ciencias que están lendo.



Programa 354. Misterios L.A.3 (26-02-25)

Hoxe Ania e Laura faláronnos dun recente asalto e roubo nunha vivenda de Ponteareas.

 

Programa 353 ESPECIAL:Día de Rosalía (24/02/25)

Co gaio da celebración onte, 23 de febreiro, do día de Rosalía, dedicado á escritora Rosalía de Castro, hoxe tivemos un prgrama especial no que lemos o manifesto elaborado pola asociación de escritoras e escritores en lingua galega.

 

Programa 352. Venres de Ciencia 16 (21-02-25)

No programa de hoxe falaron dos efectos do tabaco na infancia e o do novo andazo de gripe aviar en USA. Nos datos científicos, descubrimos o Concavenator e aprendimos uun pouco más sobre os campos científicos. Finalmente, como Muller de Ciencia, Noemí presentounos a Ruth Shady, antropóloga e arqueóloga que demstrou a existencia da Civilización do Norte Chico.

Programa 351. Augaviaxes 2 (18-12-24)

Hoxe Jose Luis lévanos a coñecer Grecia; a súa historia, a fauna e flora, e o seu patrimonio e ata a gastroomía. Ademais, cotamos no programa coa presenza dos profesores Xosé Lois e Gloria, que compartiron con nós as súas impresións sobre este interesante territorio das costas do Mediterraneo.

Programa 350. Especial: Día da radio (17-02-25)

Para celebrar o día mundial da radio (13 de febreiro). o IES Pedras Rubias de Salceda convidounos, xuntos a outros institutos e escolas da zona, a participar nun programa de radio especial que está dispoñible na súa canle de Yputube:

Programa 349. Venres de Ciencia 15 (14-02-25)

Atención: neste vindeiro mes de marzo vanse dexar de estar visibles os aneis de Saturno. Escoita o programa de hoxe para averiguar o motivo, ademais de coñecer Datos Curiosos sobre a física cuántica e o Tyranosaurus Rex oo descubrir a unha nova Muller de Ciencia: Allene Rosalind Jean, bioquímica que destacou no estudo dos polisacáridos.

Programa 348. Especial: 11F Día da nena e a muller na ciencia (11-02-25)

Co gaio da celebración do día da muller e a nena na ciencia, este 11 de febreiro tivemos no IES a visita de Susana Reboreda Morillo, catedrática de Historia da Universidade de Vigo, que nos fala tanto da súa experiencia como muller investigadora (e máis), como dos seus ámbitos de estudo: muller e mitoloxía na antiga Grecia. Desfrutade da etrevista da man de Noemí.

Programa 347. Venres de Ciencia 14 (07-02-25)

O programa de hoxe estivo centrado no espazo, tanto no apartado de noticias, como na muller científica; Annie Jump Canno, astrónoma estadounidense nacida a finais do s.XIX. Gael puxo o contrapunto nos datos curiosos con outra aportación sobre os dinosaurios.

Programa 346 Auga Random 7 (06-02-25)

No programa de hoxe tivemos só deportes.

Programa 345. Noticias Noemí 5 (05-02-24)

O día de hoxe temos a Noemí, que nos contou 3 noticias do mes de xaneiro: os incendios dos Anxeles, o satélite español que foi enviado dende un cohete e a borrasca Herminia. Adriana non puido vir así que omitiuse o programa de cociña de Adriana e por último a sección de aprendendo árabe con Abdel e compañía, que nos ensinaron os números do 1-10, os días da semana e os meses.


Programa 385. Venres de Ciencia 25 (06-06-25)

No programa de hoxe falaron sobre o nacemento de baleas xorobadas fóra do súa habitat habitual, e sobre To Youyou a primeira muller chinesa ...