No programa de hoxe Noemí fálanos da orixe da celebración do Samaín, ou a festa de Defuntos pero, ademais, temos un dúas novas seccións: receitas con Adriana e curso de árabe con Abdel, Chadi e Khadeja, todos eles de 1º de ESO.
Programa 312. Artemis 5 (29-10-24)
No programa de hoxe Diego falounos das novas misións espaciais de China e o descubremento dun novo cometa, ATLAS, cuxa observación ao paso polo perihelio tivo lugar hai uns días no hemisferio sur da Terra.
Programa 311. Venres de Ciencia 4 (25-10-24)
No programa de hoxe Gael falou sobre a bioluminiscencia que causa o espectacular mar de Ardora e Noemí faounos de Esther Lederberg, microbióloga
Programa 310 Entrevistad@s | Juan Abalde. (24-10-24)
Neste programa tivemos o placer de entrevistar a Juan Abalde, profesor de pedagoxía terapéutica en 1º e 2º da ESO, músico e pintor.
Programa 309. Artemis 4 (24-10-24)
No programa de hoxe Diego falounos das novas aeroespaciais, en concreto, das folgas de Boeing e do novo voluntariado da NASA para as probas das misión en Marte.
Programa 308. Para Ti De Xa Sabes Quen 2 (21-10-24)
Nesta nova edición do Para Ti de Xa Sabes Quen podemos escoitar as máis recentes dedicatorias musicais do instituto.
Programa 307. Venres de Ciencia 3 (18-10-24)
No programa de hoxe nos falaron sobre o furacán Milton e a investigación sobre un peixe que pode axudar a mellorar o coñecemento da expresión do xenoma. Noemí nos falou sobre Joan Beauchamp Procter, zoologa.
Programa 306. Radiocine 1 (16-10-24)
Un novo programa en Auga Radio, da man de alumnas de 1º de ESO, con curiosidades sobre o cine e incluso chistes!
Programa 305. Artemis3 (15-10-24)
No programa de hoxe Diego falóunos das novidades aeroespaciais e do novo fito no campo por SpaceX, sendo capaz de "recibir" ao Falcon SuperHeavy nos brazos da súa base espacial. Algo remarcable que quedará na historia da exploración espacial e que será moi útil para novas misións como Artemis da NASA.
Programa 304. Venres de Ciencia 2 (11-10-24)
No programa de hoxe tivemos unha nova sección con Gael, de 2ºESO, que nos traerá datos curiosos. Noemí, de 3ºESO, falounos de Gerty Radnitz, coñecida como Gerty Cori e o alumnado de 1º de ESO púxonos ao día da actualidade científica da semana.
Programa 302. Noticias Noemí 1 (09-10-24)
Novo programa no que Noemí nos informa cada dúas semanas das noticias de actualidade. Hoxe entre outras cousas, informóunos dun descobremento que rematará finalmente coas dúbidas sobre a nacionalidade de Cristóbal Colón.
Programa 301. Entrevistad@s 2 (08-10-24)
Hoxe, en Entrevistad@s temos unha novidade: a entrevistada é unha alumna, Laura, de 3º de ESO. Ademais de falarnos da súa experiencia no instituto, podemos coñecer as súas aficcións e, entre elas, a do boxeo.
Programa 300. Artemis (08-10-24)
A ESA lanza a misión Hera, destinada a explorar, por primeira vez un sistema binario de asteroides. É unha misión integrada no proxecto de defensa planetaria. Se queres entender o por que, escoita o noso programa, no que informamos tamén do Proxecto Liince, que nada ten que ver con este ameazado mamífero, senón coa posta en órbita da primeira cápsula tripulada europea.
Programa 298. Venres de Ciencia (04-10-24)
Este foi o primeiro Venres de Ciencia do curso 2024/2025 e tivemos dúas parellas de noticias científicas de 1º ESO. Ademais, Noemí falounos do mundo da psicoloxía e unha das mulleres máis destacables neste campo.
Programa 296. Artemis 2 (01-10-24)
No programa de hoxe tivemos as novas máis actualidade do mundo aeroespacial, destacando os problemas coa Crew 9 de SpaceX e as novas no montaxe e preparación das misións Artemis da NASA.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Programa 352. Venres de Ciencia 16 (21-02-25)
No programa de hoxe falaron dos efectos do tabaco na infancia e o do novo andazo de gripe aviar en USA. Nos datos científicos, descubrimos o...

-
Hoxe temos máis novas, tivemos unha palestra sobre as mulleres agochadas en Conxo.
-
Neste programa entrevistamos a dous profes de historia: Aitor e Carlos. Preguntámoslle: que les levou a dedicarse a isto, a que outra cousa ...
-
No programa de hoxe Julia, Iris e Iria faláronnos da película Titanic e contáronnos chistes relacionados coa película.