Que sabes sobre o osíxeno nos exoplanetas ou sobre o lixo espacial? Aprende coa noticia científica da semana! Escóitanos!
Escóitanos aquí:
Que sabes sobre o osíxeno nos exoplanetas ou sobre o lixo espacial? Aprende coa noticia científica da semana! Escóitanos!
Comezamos cunha nova sección! O alumnado de 1º ESO vainos traer, quincenalmente, recomendacións literarias, guiado pola súa profesora Nerea. Neste primeiro programa comezaron facendo as recomendacións Noelia e Jesús.
Se non sabes que ler presta atención e escóitanos!
O noso programa de dedicatorias musicais (¨Para ti de xa sabes quen¨) vai vento en popa. Hoxe non se puideron escoitar todas as cancións que nos enviastes (porque foron moitas) así que estade atentos e atentas o próximo martes.
O programa ¨A noticia científica da semana¨ trae hoxe moita información. Sabedes o que é un planeta fantasma? Que sabes do lanzamento James Webb? E dos meteoritos? Todo isto e unha reflexión sobre o uso dos plásticos moi necesaria nos nosos días poderás escoitalo no programa! Non o perdas!
Escoita aquí o programa:
Xa sabes a quen lle vas dedicar unha canción? Envíanos por whatsapp o enlace ao número 608122336.
Cada martes podes escoitar o noso programa de dedicatorias ¨Para ti de xa sabes quen¨.
Escoita a continuación o primeiro programa:
Botamos a andar un novo programa que nos vai traer moitas recomendacións literarias: ¨O recreo da lectura¨.
Hoxe Uxía (1º ESO B) e Noelia (1º ESO A) viñan cargadiñas de libros en galego. Escoitádeas!
No IES Pedra da Auga comezamos o ano con forza. Volvemos co noso programa estrela: ¨A noticia científica da semana¨, no que, desta vez, ides aprender moito sobre asteroides.
Podedes escoitar o programa a continuación:
No programa de hoxe falaron dos efectos do tabaco na infancia e o do novo andazo de gripe aviar en USA. Nos datos científicos, descubrimos o...